Manifesto Mimadriña

17.00

Manifesto mimadriña

"se o que ollas a través da túa ventá é gris, ponlle cores. se o que tes entre mans non funciona, tenta arranxalo. non perdas o tempo queixándote ou falando. síntete libre para facer o que che pase pola cabeza. sé independente das opinións e consellos que che dean, sexan bos ou malos. alimenta a túa curiosidade: coñece, aprende, curiosea, pregunta, socializa. practica facendo cousas que nunca pensaches facer, ao mellor convértese na túa ilusión. crea o teu propio pensamento. se tes que alonxarte durante un tempo, faino. non repitas nin difundas os pensamentos de outros sen ter pensamento crítico. se coñeces xente moi crack e te fascinou o seu traballo, difunde a súa obra. contáxiate da ilusión e da capacidade de estimular e crear. non te limites pensando que un día esa ilusión se vai acabar, e se se acaba, o camiño realizado non será un fracaso, será unha nova experiencia. fracaso sería non aprender nada. o importante é o camiño. non te preocupes polo desgaste, nada permanece novo. esquece a perfección. resiste ás tendencias impostas, crea ti tendencia. se tes unha idea ponte con ela, pouco a pouco, disfruta de ollar como vas evolucionando. o mundo está cheo de xente creativa, non te asustes, son coma ti, un día comezaron. comparte as túas ideas. comparte o teu entusiasmo. comparte as túas habilidades. a práctica diaria favorece a creatividade. a creatividade favorece a ilusión. a ilusión favorece o sorriso. o sorriso favorécete."

Impresión con marco de fibras de cor branco. Enmarcado pola Asociación de pais e nais de persoas con discapacidade intelectual de Cee (ASPADEX), polo que ca súa compra estas contibuíndo a que esta entidade continúe financiando proxectos sociais na Costa da Morte.
Tamaños dispoñibles A4 e A3.

Share