FAQ

Razóns para comprar un produto mimadriña?


Podo pedir unha obra personalizada?

Se queres que o teu cadro teña unhas medidas determinadas ou se non atopas o que estás a buscar ou tes unha idea que queres que leve a cabo, envíame un mail a palmira@mimadrinha.com especificando o que queres e póñome en contacto contigo.

Como podo informarme de calquera dúbida que me xurda?

Para solucionar calquera dúbida estou á túa disposición un correo electrónico palmira@mimadrinha.com

Que medios de pago podo utilizar?

Cartón de crédito/débito, transferencia bancaria e paypal.

Preciso factura?

faime saber que precisas factura e envíame os teus datos.

Como chega a obra?

Todas as miñas obras van perfectamente embaladas e protexidas en caixas de cartón recicladas, con cantoneras que protexen o pedido.

Podo enviar o pedido como agasallo?

Por suposto. Só tes que indicarme o enderezo da persoa e fareillelo chegar nun paquetiño xeitoso.

Que ocorre se a obra chega danada?

No caso improbable de que a obra chegue danada debe contactar inmediatamente con Mimadriña mediante o mail. Indicareille as opcións en cada situación.

Cales son as condicións de venda?


Mimadriña entregará os pedidos ao servizo de mensaxería nun prazo máximo de 7 días unha vez confirmado o pago por parte do cliente.

Será informado o proceso do seu envío a través do correo electrónico que nos especifique.


As formas de pago aceptadas por Mimadriña son:

1. PAYPAL: Despois de confirmar o pedido o cliente será conducido á web de PayPal aproveitando a súa plataforma de pago seguro. Unha vez efectuado o proceso de pago, será reconducido de volta a Mimadriña Tenda.

2.Tranferencia bancaria, para iso escriba ao correo electrónico da tenda palmira@mimadrinha.com


Envíos a nacional peninsular, Canarias e Baleares: son gratuítos sempre que non superen un quilo.

Para calquera pedido de Mimadriña Tenda ao estranxeiro, consulte gastos de envío e días de tránsito.

Establécense as seguintes condicións:

1. Os envíos realízanse mediante servizo de Correos e Correos Express Internacional.

2. Mimadriña non se responsabiliza das posibles demoras de entrega causadas polos servizos de Correos.


Se por calquera motivo a persoa compradora non está de acordo co adquirido, pode optar pola devolución do produto. Para iso dispón dun prazo de sete (7) días a partir do momento da recepción da mercadoría e deberá notificalo previamente a Mimadriña Tenda no correo palmira@mimadrinha.com

Importante: Exclúense desta regra aqueles produtos, que foron realizados a medida para un cliente.


Os produtos venderanse ao prezo que se indica na tenda de Mimadriña , sendo vixente o que se recolle no momento da confirmación do pedido por parte do cliente. As obras personalizadas teñen un prezo dependendop de tamáño e traballo, consúltame.

 

protección de datos pesoais

o prestador atópase profundamente comprometido co cumprimento da normativa española de protección de datos de carácter persoal, e garante o cumprimento íntegro das obrigacións dispostas, así como a implementación das medidas de seguridade dispostas no art. 9 da lei 15/1999, de protección de datos de carácter persoal (lopd) e no regulamento de desenvolvemento da lopd.